XARDíNS DE OURENSE

Praza Paz Novoa

E xisten determinadas zonas do tecido urbano nas cidades incluídas dentro do ámbito comercial que se consideran de alto valor social, pese, nalgúns casos, ó evidente abandono e deterioro das mesmas, tan contrario ó crecemento racional que ve perdidas ou minguadas as súa características básicas en beneficio doutros espazos máis recoñecidos, co galo dunha racional procura de maior fluidez no tráfico rodado, con evidente merma tanto da comunicación a motor como da súa accesibilidade peonil.

No ano 2008, o Concello de Ourense adoptou unha serie de medidas tendentes á recuperación integral dalgúns lugares fundamentalmente de uso peonil así como solar de asentamento de estructuras comerciais, sen menoscabo da necesidade de paso ó tráfico rodado tanto acceso como de comunicación ó seu través.

O espazo urbano identificado como Paz Novoa, terreo con lixeiro desnivel cara á Rúa de Xoán XXIII, se caracteriza pola súa considerable amplitude, uns 1.256 metros cadrados, o que posibilita o planeamento do disfrute peonil servindo así mesmo como importante punto de unión ou comunicación entre as veciñas rúas de Xoán XXIII mailo Paseo.

O acceso ó tráfico rodado restrinxido só o servizo dos garaxes maila carga e descarga logrouse mediante o emprego dun pavimento de taco de granito, tipo silvestre, asentado sobre unha capa en firme a base de formigón, namentres que o tráfico peonil descorre sobre un pavimento formado por laxes cerámicas. A praza se divide en dos niveis, o máis alto a modo de pasarela serve de soporte a un banco corrido. O acceso á rúa do Paseo se efectúa mediante unha escaleira composta de lousas regulares de granito de 7 centímetros de grosor, combinado cunha rampa de formigón armado, composto de dúas cotas a diferente nivel e protexido por sendas varandas formada por pezas en aceiro inoxidable.

Exemplares pertencentes ó grupo dos arbustos semiperennifolios, como a abelia, ou da familia botánica dos pereifolios: espiño de fogo, árbore Cotoneáster, conxuntamnete co arbusto cotonester galucop, entre outros se reparten ó longo dos variados parterres existentes na praza.

Te puede interesar