O PSOE analiza a xestión dos gobernos da provincia de Ourense

A executiva do PSOE, onte na súa reunión en Castro Caldelas.
photo_camera A executiva do PSOE, onte na súa reunión en Castro Caldelas.

O PSdeG-PSOE avalía mandato local en Castro Caldelas e traza liñas para eleccións autonómicas

O PSdeG-PSOE celebrou onte en Castro Caldelas a súa Comisión Executiva Provincial onde aproveitaron a reunión orgánica, exclusivamente con presencia de cargos do partido, para realizar unha valoración dos primeiros cinco meses de mandato dos gobernos locais da provincia de Ourense e tamén comezaron a trazas as liñas de traballo de cara as eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro ano.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense aproveitaron tamén para resaltar que o socialismo ourensán “conta con persoas moi competentes, leais e traballadoras  e como proba disto temos aos nosos alcaldes e alcaldesas, referentes do  municipalismo a nivel nacional, autonómico e provincial”.

Te puede interesar