O PSOE di que se revalorizará a pensión de 55 mil ourensáns

O deputado socialista Alberto Fidalgo afirmou onte que o xoves 'foi un día transcendental para a democracia española, porque España se xogaba moito'.
O deputado sinalou que 'se constatou o fracaso da estratexia de acoso e derribo ao goberno de Zapatero por parte do PP', pois 'a pesar do momento difícil que estamos a vivir, o Goberno do Estado asumiu en exclusiva a responsabilidade de sacar adiante un real decreto que é absolutamente imprescindible'. En canto ás medidas de axustes, Fidalgo afirmou que o esforzo dos funcionarios concrétase na garantía da protección social, xa que neste momento a cobertura por desemprego acada o 80% dos catro millóns e medio de parados que hai en España. Só na provincia de Ourense o custo é de 14 millóns de euros ao mes. Con respecto ás pensións, 'dos 109.000 pensionistas que hai en Ourense, 55.000 verán revalorizada a súa pensión'.

Te puede interesar