CON BASTÓN DE MANDO / ALCALDE DE AMOEIRO

Rafael Rodríguez: “A innovación é o que nos pode diferenciar"

photo_camera Rafael Rodríguez Villarino, alcalde de Amoeiro.

Rafael Rodríguez Villarino entrou no mundo da política en 2007, liderando a candidatura do PSdeG-PSOE.

Rafael Rodríguez Villarino entrou no mundo da política en 2007, liderando a candidatura do PSdeG-PSOE. Nas eleccións daquel ano empataron co PPdeG en número de concelleiros, accedendo Rodríguez Villarino á alcaldía co apoio do BNG. No ano 2011 os socialistas faríanse coa maioría absoluta, ao conseguir seis concelleiros, fronte ós cinco do PP.

Qué balance vais destes catro anos?
Pois foron uns anos nos que tivemos que loitar con moitísimas restriccións. Perdeuse gran parte da autonomía local coa Lei de Sostibilidade que fixo Montoro; perdemos moitas competencias e perdéronse moitísimas axudas, porque o Goberno non está axudando a nada. A pesar de todo, nós fomos capaces de deixar o Concello con déficit cero e ademáis, temos superavit. O problema que temos agora é que o superavit só se pode utilizar para facer inversións e non para axudar á xente. Non podemos contratar xente. A xente é como se non contara.

Foi esa a principal factura que lle pasou a crise ó Concello?
Si, pero dase a circunstancia de que o Goberno imponnos a nós esas restriccions, mentras eles teñen un billón de euros de débeda e os concellos non temos prácticamente nada. A quen lle impoñen restriccións é a quen está ó lado da cidadanía e os cartos pérdense en darlle 40.000 millóns de euros ós bancos e negándollos á xente.

Pero a oposición dí que as contas que presentou son artificiais?
Temos déficit cero. Non debemos nada. Eu entendo que a oposición teña que facer algunha crítica, pero esa non ten ningún sentido. Dinno porque algo teñen que dicir.

Cales son as potencialidades de Amoeiro?
Están vinculadas sobre todo ó que é o turismo, o patrimonio, que é a parte sen explotar. Despois está o que é a canteiría, unha que sobresae en calquer lugar. É a pedra Trasalba, que en canto remonte a crise a nivel interno ou as exportacións, pode ser un importante viveiro de emprego. Despois está a parte forestal e gandeira, os invernadoiros. Ademáis, estamos apostando pola innovación. Puxemos en marcha o Polígono Virtual de Galicia, volcado nas redes sociais. Estamos fomentando o emprendemento e tamén vamos a poñer en marcha unha escola en 3D, para ensinar a toda a xente interesada o deseño en 3D.  Cremos que todo o que é información, coñecemento e innovación é o que nos pode diferenciar.

E cales son os principais lastres?
O gran lastre son as comunicacións. O enlace coa autovía de Santiago por Parada, que xa lle pedimos á Xunta en 2011, á que lle presentamos un proxecto e un estudio informativo e da que non tivemos resposta. Despois, as estradas da Deputación non están en condicións. O transporte metropolitano é outro dos nosos grandes lastres. A súa posta en marcha non avanza porque onde teñen que tomarse as decisións, a Xunta e o Concello de Ourense, non as toman e eso fai imposible que os concellos que estamos arredor poidamos impulsar unha iniciativa ó respecto.


Tivo unha gran repercusión o seu intento de cobrarlle o IBI á Iglesa. Deu por zanxado xa este tema?
O tema está resolto polo Tribunal Supremo, que aínda que recoñecía a importancia económica do que se prantexaba, entendeu que debía prevalecer neste caso o famoso Concordato co Vaticano. Pero quero deixar claro que non é unha posición antirelixiosa, senón que eu só falo de xustiza, no sentido de que se todos formamos parte dunha mesma sociedade, todos temos que contribuir. Se eu teño unhas propiedades ou fago unha obra, por que esa obra vai estar esenta de licencia ou de tributar por ser quen son?

Tampouco pasou desapercibida a súa campaña para poñer pracas en monumentos do franquismo
A Lei da Memoria Histórica, que obriga a todo o mundo, de facto está paralizada porque non ten dotación económica. Nos optamos por unha iniciativa sen custo para o Concello, pois fixemos unha campaña na que todos os que quixeron colaborar, aportaron un euro. Só pretendiamos rehabilitar a memoria de xente que foi perseguida e sinalar os símbolos franquistas cuxa única función no seu momento foi resaltar a alguén que cun golpe de estado se fixo co poder dun pobo.

Cales son os obxectivos para os vindeiros anos?
Primeiro, facer de Amoeiro un concello que sexa sinal de desenvolvemento para os demais, un concello que aposta polas tecnoloxías, porque os recursos sen o coñecemento non van ter moito sentido. Precisamos xente innovadora e o obxectivo é formala e darlle as ferramentas para que se poidan desenvolver. Asimesmo, gustarianos ter en marcha o transporte metropolitano e unhas boas comunicacións. Se estiveramos ben comunicados, Amoeiro sería un Concello moi apetecible. Ten un montón de potencialidades, pero necesitamos que nos axuden no que non é competencia nosa: as estradas e o transporte metropolitano.

Te puede interesar