Un ’ribeiro’ no universo de Woody Allen

LR- O viño do Ribeiro entra por dereito propio no universo particular de Woody Allen, o mítico realizador cinematográfico radicado en Manhattan. Nada máis e nada menos que unha botella de branco  elaborado por Emilio Rojo, un dos poucos colleiteiros con proxec ción internacional, aparecerá nunha escea da nova montaxe do director norteamericán. O propio Emilio Rojo amosou a súa satisfacción pola elección de Allen, aínda que el preferiría, por poñer un exemplo, que o chamase Chiquito de la Calzada.

O cineasta Woody Allen iniciou fai precisamente unha semana en Barcelona a rodaxe da súa nova película e que se desenvolverá na cidade catalana, Asturias e Nova Iorque ata finais do mes de agosto ou os primeiros días de setembro. O realizador radicado no barrio de Manhattan deu poucos detalles encol desta última montaxe, pero si é coñecido que nunha das esceas do filme vai aparecer unha botella de viño da Denominación de Orixe Ribeiro.

Concretamente, a perteñecente a un dos colleiteiros máis afamados da comarca vitivinícola: Emilio Rojo. Un viño branco saído dos acios que este veciño de Vieite cultiva nas viñas que posúe nesta localidade do municipio de Leiro e tamén no de Arnoia. Deste xeito, a internacionalidade xa constatada dos brancos de Emilio Rojo xúnguese coa difusión comercial que o mundo do cine otorga a persoeiros coma Woody Allen. É dicir, que un ’ribeiro’ de calidade maís que contrastada vai entrar por dereito propio no universo particular do neoiorquino.

Reparto Logo, haberá que esperar á estrea da película para comprobar en que momento da trama conducida por Allen aparece a botella de Emilio Rojo e quen das actrices ou actores terá o gusto de proba-lo exquisito branco. Candidatos hai, xa que ademais de Scarlett Johansson e Rebeca Hall, no reparto tamén figuran os españois Javier Bardem e Penélope Cruz.

Te puede interesar