PROVINCIA

Sara Inés Vega, cabeza de lista en Castro Caldelas

Sara Inés Vega explica que o máis importante nestes últimos anos "foi por a Castro Caldelas no mapa, xa que é unha terra de grandes posibilidades e precisaba ser desenrolada"

Sara Inés Vega encabezará a candidatura do PSOE.
Sara Inés Vega encabezará a candidatura do PSOE.
Sara Inés Vega, cabeza de lista en Castro Caldelas

O PSdeG PSOE de Ourense confirmou onte a Sara Inés Vega como candidata á alcaldía de Castro Caldelas, localidade da que xa é rexidora. A actual alcaldesa repite nestes comicios "ca intención de seguir potenciando unha desas pequenas illas do cambio na provincia e coa ilusión de facer crecer o seu municipio", segundo informou o partido nunha nota.

Sara Inés Vega explica que o máis importante nestes últimos anos "foi por a Castro Caldelas no mapa, xa que é unha terra de grandes posibilidades e precisaba ser desenrolada, traballando especialmente sobre catro eixes o agro, a gandería, a viticultura e o turismo". Indica que "nestes 4 anos avanzamos nese sentido e conseguimos que Castro Caldelas pase a ser un elemento diferenciador dentro da Ribeira Sacra". A actual rexedora remarcou que consolidará o  turismo y procurará tamén chan industrial.