O sector do viño inicia reunións cara a un contrato homologado

Na tarde de onte reuniuse por primeira vez neste ano a Mesa do Viño do Ribeiro co fin de acadar un acordo sobre a implantación dun contrato homologado que garantice os precios da uva ós agricultores. Este encontro foi unha primeira toma de contacto entre produtores, adegueiros e administración, na liña de traballo a prol da sinatura de contratos homologados nesta Denominación de Orixe.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu a xuntanza. 'Neste caso a Xunta actúa como promotora dun posible acordo entre as partes ?non pode impoñer a sinatura de acordos?, dende o convencemento de que este tipo de contratos son positivos para o sector en xeral e para esta denominación en particular, xa que contribúen a normalizar as relacións entre as partes e a mellorar, xa que logo, o funcionamento da cadea de valor do viño', sinalaron os responsabeis autonómicos.

A convocatoria fíxose atendendo ao interese amosado polo sector (viticultores e adegueiros), pero tamén por parte de grupos políticos, sindicatos e incluso corporacións municipales que o reclamaban, tendo en conta que esta denominación leva dous anos sin acadar un acordo para dispor de un contrato homologado.

Te puede interesar