Os socialistas pedirán o cumprimento dos acordos asinados en 2011 sobre o AVE

Para Vázque Barquero nos últimos días quedaron plasmadas "as intencións do Partido Popular e os gobernos amigos". 

O Grupo Municipal Socialista informou en rolda de prensa que vai iniciar contactos cos axentes sociais e económicos da cidade para esixir en Santiago e Madrid o cumprimento dos acordos asinados en 2011, entre os que están a variante exterior e a estación intermodal. Piden ademáis a creación da comisión aprobada no pleno do Concello do 30 de xuño de 2015.

José Ángel Vázquez Barquero tamén aproveitou para falar sobre o alcalde da cidade e do goberno local. Afirmou que "ocultaron información aos grupos municipais do pleno e aos cidadáns de Ourense. Ocultaron información sobre as verdadeiras intencións do Partido Popular e dos gobernos amigos. É decir, do goberno de Mariano Rajoy e de Alberto Núñez Feijóo", engadiu Barquero que asegurou que estas se evidenciaron e quedaron plasmadas "ao longo deste mes e sobre todo nos últimos días". Para o socialista, o alcalde "que agora pretende pasar por ser defensor dos intereses da cidade, estivo sempre de costas a este asunto". 

Te puede interesar