CONCERTO NO AUDITORIO

“Sondeseu é un milagre que poda existir hoxe"

Sondeseu é considerada a primeira orquesta estable de Europa con repertorio folk. E unha formación de músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.

Naceu froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola de Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD). Esta noite presentan o seu novo traballo "Danzas Brancas", no Auditorio de Ourense, a partir das 21,00 horas e coa colaboración do grupo O Fiadeiro.


Nos tempos que corren, Sondeseu é unha loucura?
Eu considero que máis que unha loucura é un milagre, que se da gracias á xenerosidade dos músicos que a integran, preto de 50 persoas, e que estamo eiquí polo feito de participar nun proxecto ilusionante.


Qué vai aportar o novo traballo “Danzas Brancas"?
É o noso cuarto traballo e con respecto aos outros penso que mostra unha visión un pouco máis sinfónica. Somos unha orquestra de instrumentos de música tradicional galega. Sobre o escenario o público debe pensar nunha orquestra sin director na escea, que se autodirixe. Os arranxos feitos nesta ocasión teñen unha visión máis grandiosa e máis sinfónica cas anteriores. Co título quixemos render homenaxe a unha faceta do baile tradicions, non se debe esquecer que o 90 por cento da música está feita para bailar. As danzas brancas concretamente son gremiais, danzabanse en manifestacións relixiosas, aínda que ten tamén unhas orixes paganas anteriores. Veñen do século XIV. Era unha maneira de render homenaxe a esta manifestación tradicional do baile, que se vén transmitindo de xeración en xeración. En Ourense por exemplo está o entrelazado de Allariz.


Como se van facendo os traballos?
Neste caso foise formando nun prazo duns dous ou tres anos, coa aportación de distintos arranxos que se van introducindo na orquestra a modo de pequenos bocetos e pouco a pouco vanse modelando. A medida que se vai escoitando imos experimentando sensacións e así sabemos se funciona ou non. En principio imos traballando por seccións, (gaitas, violíns, arpas...), e logo facemos a posta en común . O traballo nos seus inicios nin é perfecto nin está mal.


A música hoxe en día é necesaria ou pode ser prescindibel?
A música é imprescindibel, é tan necesaria coma calquera outra cousa. Nada sería o mesmo sen ela, mesmo unha película sen banda sonora xa sería outra cousa. Estamos rodeados de música en todo momento, imaxinemos o que imaxinemos sempre todo ten música. É os brazos da cultura, non se pode prescindir dela. Todos temos unha banda sonora na nosa vida, dentro de nós, cando nos namoramos, cando eramos uns cativos. Sempre é protagonista.


Auditorio. Hoxe. 21,00 horas.

Prezo: 7 - 10 euros.

Te puede interesar