Taboadela presenta a súa oferta de actividades

Ao concello oferta este ano clases de ximnasia de mantemento, zumba, tiro con arco, fútbol sala e voleibol

O Concello de Taboadela vén de presentar o catálogo de actividades para pequenos e maiores para o curso 2022/23. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 15 de setembro e haberá tres propostas para os maiores e dúas para os nenos. O prezo será de 15 euros trimestrais por actividade para os empadroados en Taboadela e de 30 para os que non o estean. Para acceder a estes cursos, deberán presentar a ficha de inscrición (presencialmente ou por correo electrónico) e entregar o xustificante de pago.

Para os maiores, as actividades ofertadas son ximnasia de mantemento -que se impartirá martes e xoves ás 19,15 horas-, zumba -os mesmos días, pero ás 20,15 horas-, e tiro con arco -que será os sábados ás 17,00 horas-. No caso dos máis pequenos, haberá fútbol sala para nenos entre 5 e 16 anos e as clases impartiranse os mércores ás 19,00 horas; e tamén voleibol (para rapaces entre 6 e 16 anos os xoves ás 16,30 horas). Ademais, está pendente o servizo de patinaxe que depende de Roller Ourense e que o Concello espera anunciar proximamente.

Te puede interesar