Polígono David Ferrer

Tapicería Carlos, en el polígono de San Cibrao: "Somos mestres artesáns neste sector"

Tapicería Carlos.
photo_camera Tapicería Carlos.
A empresa Tapicería Carlos ten 8 años de experiencia, 4 de eles traballando no polígono de San Cibrao

A Tapicería Carlos realiza traballos de tapicería co maior coidado e profesionalidade que demandan todos e cada un dos seus clientes. A súa paixón por todo o relacionado cos vehículos derivouse en que a nosa seña de identidade sexan os tapizados a todo tipo de vehículos de motor, realizando infinidade de modelos na parte do vehículo que se necesite. Ademáis, tamén se encargan de tapizados para o fogar e hostelería, brindando un servicio integral e adaptado a as demandas do usuario.

Na súa tapicería en San Cibrao das Viñas, destacan pola cercanía, profesionalidade e experiencia ofrecidas en cada proxecto que lles confían. Asesoramos de forma personalizada e analizan cada caso para atopar o acabado e os resultados que mellor se adapten ao cliente, aos seus gustos e ao elemento que se vaia a tapizar. Ademáis, tamén ofrecen presuposto sen compromiso e totalmente adaptado as características de cada traballo. 

O xerente da empresa, Carlos Gomes, explica o seu negocio:  “Levamos 8 anos funcionando e 4 anos traballando no Polígono de San Cibrao das Viñas. Somos 5 traballadores. Caracterizámonos por ser mestres artesáns neste sector, contando cunha ampla experiencia tras moitos anos dedicados a este campo. A nosa ampla carteira de clientes e a súa alta satisfacción cos resultados obtidos son o noso maior aval. Destacamos por ofrecer acabados de calidade, a través do coidado de cada proxecto e de empregar os mellores materiais. É grazas a todo isto que cada día son máis as persoas que deciden elixirnos como a súa tapicería de confianza en San Cibrao das Viñas.  O Polígono está moi ben en xeral, aínda que melloraría o acceso xa que é complicado acceder”, conclúe Carlos Gomes.

Te puede interesar