CULTURA

'Tertulias literarias' para a comprensión e a crítica da lectura

'El desorden que dejas' e 'As horas roubadas' son as obras que se analizarán nesta actividade que terá lugar no Liceo de Ourense

Os alumnos de diferentes centros escolares da Educación Secuandaria Obrigatoria e Bacharelato participarán nas "Tertulias Literarias" que se celebrarán no Liceo de Ourense os días 1 e 2 de febreiro, e o 26 e 27 de abril. As obras que se analizarán nestes faladoiros son 'As horas roubadas' de María Solar e 'El desorden que dejas' de Carlos Montero. 

O obxectivo desta iniciativa iniciada no ano 2007, que o ano pasado contou con 320 participantes, é "fomentar a lectura comprensiva e crítica" e tamén "a comprensión oral, a expresión oral, a coordinación espazo-temporal á hora da lectura e a socialización". 

Nesta edición participarán alumnos procedentes de once centros educativos da provincia de Ourense: IES O Couto, IES Prieto Nespereira, IES Ferro Couselo, IES As Lagoas, IES U. Laboral, IES O Ribeiro, IES San Mamede, IES Allariz, IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, e o IES Blanco Amor. Os alumnos que participan neste iniciativa pertencen aos cursos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.

Te puede interesar