OURENSE NO TEMPO

Tiedra-Ourense, un camiño de progreso

Alos ourensanos se nos reconoce como gente emigrante, y por cierto con fama de buenos trabajadores, habitualmente. Eso no quita para que en tiempos, hayamos sido tierra de acogida para gentes de otros lugares en los que las posibilidades de futuro estaban muy limitadas (hoy ocurre algo similar, pero en esta ocasión carecemos de opciones que ofertar, habrá que buscar soluciones). Así fue como un buen numero de familias, sobre todo de tierras castellanas, se asentaron en la ciudad volcando sus esfuerzos en colaborar al crecimiento de la ciudad.



Comezarei por decir que non vou personalizar, xa que no texto podense reflexar moitos dos industriais que marcaron unha época na nosa cidade: Mazaira, Moretón, Eire, Villanueva, Cuevas, Tabarés, apelidos que supoño a ninguén lle van soar extranos. 

A millora das comunicacións, efectiva en Auria a partires de finais do século XIX, foi un argumento máis que suficiente para que homes emprendedores viran as posibilidades de negocio que esa apertura de carreteras e vías abría ao progreso. Houbo un feito que rematou por abrir as expectativas, e ese foi o aumento das vías do ferrocarril. (Non vou falar agora das estacións da cidade, nin das aperturas de novas liñas, eso deixollo os amigos de Carrileiros, a quenes aproveito por felicitar polas milloras que ultimamente están a ter nas suas xa múltiples instalacións. Mereciannas.)

A Ourense chegaron estes homes ca clara idea de mellorar as suas vidas, e con elo facer crecer os que os rodeaban; cada un tivo máis ou menos fortuna, pero todos eles traballaron arreo pra que a vida na nosa cidade fose máis comoda.O entorno de Canedo e a rúa do Progreso foron os lugares escollidos para súa instalación, ou o que é o mesmo, a carretera ou o ferrocarril marcaban o lugar, as mercancías tiñan que chegar o máis rápido posible, o seu almacenaxe requería de moita man de obra e o seu reparto máis do mesmo, co cal o traballo daquelas habiao. As condicións laborais non eran certamente as millores, pero ainda así supuseron un avance moi importante, no desenrolo do que era unha cidade "agrícola" como a nosa.

Non contaron inicialmente co beneplácito de todolos ourensans; o propio Don Ramón referiase a algún deles con no moito cariño precisamente; non deixaban de ser intermediarios, co que eso ten de especulación. Pero teremos que recoñecer que daquelas era posiblemente a forma de progresar, ou para non entrar en discusións, foi a que tivemos.

A marxe dos temas de clase e negocio, o que a mín máis me gusta lembrar son as partes agradables das "hestoreas", e neste caso o punto estrela foi o nacemento da "Tarxeta de credito de estraza". (Xa esta este tolo con outra das suas; eso non  existe.) Pois non, de xeito oficial non existe nin existiu, pero eu ainda na miña etapa de "estudo" tiven que utilizala (as copas non as fiaban, e o pan e o leite na tenda do barrio, si. Grazas Eloy). O fiado personal, non o bancario, que eso xa e outra cousa máis sesuda, foi a solución pra moitos dos ourensans. O recoller o froito das terras, todo era abundancia, pero co paso dos meses iase acabando a fartura, e comer había que comer igual, co cal era moi habitual achegarse o almacén do..., e deixalo a conta.

Vouno deixar por hoxe, que me estou a alargar moito, e non quero aburrir demasiado.

A fotografía, que é o millor da entrada, é unha auténtica xoia, que lle agradezo o meu amigo... (que me diga el se quere que lle poña nome, faría moi sinxelo recoñecer á familia). Podería ser perfectamente a portada dun libro que falara de todos eses maragatos, zamoranos, vallisoletanos etc, que axudaron a construir o que hoxe é a nosa cidade. Nela podemos ver un deles preparado pra comezar o viaxe de Tiedra (Valladolid) a Ourense, co mulo ben cargado de provisións e sobre todo de moitas ilusións.

Te puede interesar