Ademáis de propagarse polo salón e o comedor, as lapas tamén afectaron o faiado
Un incendio calcinou boa parte dunha vivenda da rúa Silveira, na Gudiña -Ourense-. O lume declarouse sobre as 14,30 horas nunha tixola que estaba no lume.
O lume propagouse pola estanza, unha ampla cociña con salón e comedor. As lapas tamén afectaron ao teito dese piso. De feito, prenderon no faiado e afectaron a numerosas pertenzas almacenadas.
A planta baixa da vivenda sufriu danos pola auga empregada polos efectivos de emerxencias para sufocar o incendio. O GES da Gudiña encargouse de alertar da situación ao 112 e tamén a Protección Civil e a Garda Civil.