TORRES E CASTELOS

Torres no concello de Pereiro De Aguiar

1op8481_result
photo_camera Torre histórica de A Lamela, en Pereiro de Aguiar.

O concello de Pereiro de Aguiar ten unha superficie aproximada de 61,4 quilómetros cadrados. A capitalidade atópase en Pereiro, distante a sete quilómetros da cidade de Ourense. Seu relevo é montañoso, de xeito un tanto irregular, situando na marxe esquerda do río Miño, ademais de ocupar parte do val medio do Loña, lugar de asento dos dous pequenos encoros encargados de almacenar e subministrar a auga á cidade de Ourense: Cachamuíña e Castadón.

O pasado histórico atópase representado pola presenza dalgúns castros, así como polos achados de diversas lápidas de carácter miliario. No encomezo da Idade Media, Pereiro de Aguiar atopábase repartido baixo a influencia do mosteiro de San Pedro de Rocas, o cabido da Catedral de Ourense ademais do poder laico exercido polo marqués de Malpica, reflectido nas importante e belas mostras pertencentes tanto á arquitectura relixiosa como civil.

O edificio señorial renacentista coñecido como “Casa Blanca”, ao igual ca súa homónima, a torre Lamela, sitúanse na parroquia do seu mesmo nome. O primeiro deles é de planta rectangular, posuíndo unha bonita torre ameada formada por tres andares, construída toda ela en grosa mampostería de forma xeométrica rectangular, imbuída nunha das alas do edificio anexo. Destaca tanto polos materiais empregados na construción como pola súa disposición, en relación co resto do edificio lindante.

Moi preto do anterior está o pazo da Torre Lamela, datado entre os séculos XVII-XVIII, pertencente, no seu día, á Casa da Pena. A súa torre constitúe o elemento construtivo de maior antigüidade e interese, destacando nela o terceiro andar decorado cun sinxelo corredor de madeira, pouco modificado na actualidade. Algo afastada do pozo atópase a interesante adega, moi curiosa, por atoparse toda ela empedrada situada baixo terra.

A terceira das torres é a de San Salvador de Prexigueiro, situada nunha paraxe verde excepcional. Formada por tres andares, construída en cadeira almofada rectangular, conta con diversos vanos, tendo acceso independente da propia vivenda. Cóbrese cun teito a catro augas mediante o emprego de tella do país. No primeiro andar da construción anexa existe unha fermosa solaina sostida por uns non menos interesantes canzorros.

Todas estas importantes construcións residenciais amosan o refrexo externo da riqueza e poder da fidalguía da nobreza galega existente nesas datas, compleméntanse con determinados elementos indispensables no mundo agrario galego, isto é: hórreos ou cabaceiros, cruceiros, palleiros, cortes, celeiros e alpendres, dependendo o seu maior ou menor tamaño da categoría social do seu propietario e complementado, nalgúns casos, pola presenza dun elemento relixioso, a capela o outros máis de carácter máis recreativo, como os xardíns, iso si, todo pechado ou cercado mediante un groso e alto muro de cantería.

Te puede interesar