A Veracruz dispón dunha canalización de pluviais

Dous obreiros traballan na reposición do pavimento, baixo a torre da Veracruz. (Foto: Martiño Pinal)
Un equipo de operarios da empresa Alén Construcciones ultimou as obras de canalización das augas pluviais procedentes da torre e tellados do templo da Veracruz do Carballiño. Os traballos consistiron na instalación dunha tubería subterránea para comunicar a canle de baixada dende a cuberta da igrexa parroquial coa rede xeral, ubicada na rúa Evaristo Vaamonde.
Os obreiros, baixo a supervisión da arquitecta da empresa, tiveron que retirar o pavimento de pedra granítica que cubre a base da torre para instalar a tubería, e logo repoñelo e cementalo para manter a estructura anterior. Estas obras complementan o proxecto de limpeza e consolidación da torre, que foi financiado pola Consellería de Cultura cun investimento aproximado de 240.000 euros. Así, entre outros aspectos, iste proxecto incluiu a mellora da cuberta do templo lindante coa torre, ó traverso da impermeabilización e a instalación dun sistema de drenaxe para que a auga de choiva non se flitre ó interior da igrexa.
Operarios da empresa Alén tamén levaron a cabo nas últimas semanas a limpeza, lixado e barnizado de novos bancos de asiento para os feligreses, mentres un carpinteiro tamén realizou o acondicionamento dos confesionarios e dos retablos ubicados no presbiterio do templo parroquial.

Te puede interesar