ENTREVISTA

Xabier Díaz: “Presentamos un disco étnico, pero con vínculos con Ourense"

O músico Xabier Díaz Carro (Coruña, 1969) presenta hoxe no Auditorio de Ourense  o seu disco "The Tambourine Man",  con temas tradicionais de Galicia.

Un traballo que afonda no étnico e que está avalado polo premio Martín Códax da música galega ó mellor Álbum de música tradicional 2016. Tamén foi top ten do World Music Charts Europe en febreiro e marzo dese mesmo ano. 

Como levas o dos premios?

Con humildade. Estamos contentos. Pouco a pouco ímonos facendo máis visibles. Todo funciona cada vez mellor, prantexase un ano con moita acción internacional.

Axudou o world music?

Si. A saída do disco a nivel de word music, sobre todo na escea europea, mellorou a acollida. Despois tivemos a oportunidade de facer un showcase no Womex 16 en Compostela e  ahí acabou de callar. Agora temos fechadas cousas en Noruega, Francia e Bélxica. Poder poñer un pé fora de aquí despois de 40 concertos en Galicia é moi importante porque vay dar a posibilidade de ampliar mercado e consolidar.

Agora estades de xira peninsular?

Si pero a min tamén apetecíame cubrir espazos ós que non chegamos no pasado ano. No 2016 estivemos en Laza e xa tiña gañas de estar en Ourense. Semellábame importante presentar o disco aquí.

Hoxe será Xavier Díaz con Adufeiras de Salitre...

Si. O seu concurso é fundamental.  Veñen conmigo no 95 por cento das ocasións porque participaron nodisco, e e son un factor importantísimo do éxito do traballo e do feedback por parte do público.

Cómo defines “The Tambourine Man"?

É moi de "world music", máis étnico. Quizais iso foi o que lle conferiu un interés e diferencia e neste país ser diferente é un valor engadido. Hai tanto navegando na mesma auga que ser capaz de diferenciarse un poco é importante. Ademais estou no meu mundo.

No teu mundo?

Si. Eu crieime en Xacarandaina, en A Coruña, e pasei anos facendo traballos de campo e grabacións polas aldeas. Moitas foron no Cañizo, na Gudiña,  ou na Mezquita. Ahí recollín parte das últimas tocadoras de "adufe". Nestas zonas conservouse este instrumento que nos mantemos xunto coas panderetas, o acordeón diatónico, a zanfona e o violín. Hai vinculación.

E tamén cos músicos. Non?

Si, claro. Patricia Gamayo (voz  e percusión) é do Ribeiro e os irmáns Javier e Gutier Alvarez (acordeonista e zanfonista) son de Manzaneda e de vez en cando traen algunha bica (risas).

Sauda ó público?

Claro! Que se animen a vir. Que reposen do Entroido e veñan a disfrutar con nós. Xa tiñamos ganas de actuar en Ourense.

Te puede interesar