Cultura

A Xeración Nós recibirá a Medalla do Parlamento

OURENSE 31/10/2020.-Exposición de Nós en el Paseo.  José paz
photo_camera Un hombre pasa por delante de uno de los paneles de la exposición de Nós en el Paseo. (Foto: José Paz)
A Cámara galega acorda por unanimidade otorgar o galardón aos intelectuais

A Mesa do Parlamento de Galicia acordou por unanimidade conceder a Medalla do Parlamento ao conxunto da Xeración Nós e os seus discípulos. Este galardón recoñece o legado galeguista dos seus integrantes, coincidindo co seu primeiro centenario.

Foi o 30 de outubro de 1920 cando viu a luz o primeiro número da revista Nós, ideada, editada e sostida entre 1920 e 1936 por un grupo de intelectuais galeguistas liderados por Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Alfonso R. Castelao, Arturo Noguerol, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo, círculo que se iría ampliando a un conxunto máis heteroxéneo de colaboradores que participaron neste proxecto, nas súas distintas fases, ata a súa desaparición en 1936.

Personalidades como Xavier Prado "Lameiro", Ánxel Casal ou Ramón Cabanillas resultan esenciais, ao igual que todas as figuras –preto de 200- do denominado segundo círculo, que colaboraron nas diferentes etapas da revista. Uns e outros conformaron un conxunto de persoas cosmopolitas, europeístas, cultas e vangardistas, mais fondamente enraizadas na realidade local. 

A experiencia de Nós rematou abruptamente co golpe de estado de 1936, a guerra civil e a ditadura, pero a súa semente permaneceu imperecedoira na Galicia territorial e na emigración. O vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, promulgado o 6 de abril de 1981, é herdeiro e continuador do truncado Estatuto de 1936, froito do esforzo e o compromiso galeguista inzado pola Xeración Nós.

Nas anteriores edicións, a Medalla do Parlamento de Galicia foi entregada aos expresidentes do Parlamento de Galicia (2006), a Comisión dos 16 (autores do anteproxecto de Estatuto de Autonomía, en 2017), Cáritas diocesanas, COGAMI e Aldeas Infantiles SOS (2018), e á emigración galega (entregada aos 14 centros e entidades que integran a Comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, como lexítimos representantes do conxunto da emigración galega de todos os tempos, na edición de 2019). 

No pasado ano, a Medalla do Parlamento de Galicia non foi concedida porque a Cámara se atopada disolta na data prevista para o acto de entrega, que coincidía, ademais, co confinamento derivado da primeira vaga da covid. 



Reciben o premio catro fundacións

O acordo da Mesa considera que a autonomía política da Galicia actual debe moito á semente depositada pola Xeración Nós, méritos que a Cámara galega quere recoñecer coa concesión da Medalla do Parlamento de Galicia 2021 ás catro fundacións que, a día de hoxe, perpetúan a memoria dos persoeiros constituíntes da Xeración Nós: Fundación Otero Pedrayo, Fundación Castelao, Fundación Antón Losada Diéguez e Fundación Vicente Risco.

Ao igual que nas edicións anteriores, a Medalla do Parlamento de Galicia será entregada do vindeiro 6 de abril, co gallo do aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, que este ano celebra o seu 40 aniversario. 

Te puede interesar