O xulgado apraza o 24 de abril a declaración como imputada da concelleira de Urbanismo de Ourense

O Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense aprazou para o 24 de abril a declaración como imputada da concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, en relación á denuncia presentada por Democracia Orensana por suposta prevaricación, mentres que deixou sen efecto a citación como testemuña do secretario do Concello.
Segundo o auto do xulgado feito público este martes, ás 10.30 horas do próximo día 24 de abril está citada en calidade de imputada a edila Áurea Soto.

Ademais, o xuíz instrutor explica que deixa sen efecto a citación do secretario do Concello de Ourense acordada para o próximo 5 de abril. No seu lugar, segundo recolle o auto, acorda citar o titular da Asesoría Xurídica do Concello de Ourense como testemuña para as 10.00 horas de este 24 de abril.

Te puede interesar