PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
estradas
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170623/AnuncioG0181-160617- 0002_gl.html a licitación das obras reforzo de firme nos treitos máis danados das estradas OU-161, OU-301, OU-312 e OU-540 coa finalidade de mellorar a seguridade e comodidade dos seus usuarios. Os traballos desenvolveranse nos concellos de Barbadás, A Merca, Celanova, Verea, Bande, Muíños, Lobios, Xinzo de Limia, Porqueira e Lobeira.
Este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de microaglomerados, segundo as necesidade de cada subtreito, mellora da drenaxe e reposición de sinais verticais, elementos de balizamento e sistemas de contención existentes e en mal estado.
O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o de Lobios, no que se proxectan traballos por un importe de case 240.000 euros; en Celanova executaranse obras cun presuposto de preto 135.000 euros; no municipio de Verea o importe das obras cífrase en pouco máis de 95.000 euros; polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Bande o seu investimento acada case os 82.000 euros; os traballos proxectados en Muiños teñen un presuposto de 74.500 euros; canto ás obras previstas en Barbadás custarán case 70.000 euros; ao concello de Porqueira destínase 61.500 euros; ao de Lobeira máis de 52.000; os traballos que se executarán na Merca superaran os 8.000 euros; mentres que en Xinzo de Limia o orzamento das obras cífrase en 4.500 euros.
Plan de Reforzos de firme Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento de 20 millóns de euros.
O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXI)
La vida contada en papel
PREGONERO SEMANA SANTA VIGO
Leonardo Lemos, obispo de Ourense: "la diócesis de Ourense tiene un microclima especial para las vocaciones"
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
IMPORTANCIA DE LAS ETAPAS
Rueda ensalza una educación gratuita hasta la universidad en Galicia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Filtraciones
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Breve historia das pintadas de Celanova