plaga

A Xunta entrega material para loitar contra a velutina a dez concellos da provincia

Os utensilios facilitados polo goberno galego son traxes de protección individual e pértegas para alcanzar os nidos

Dez concellos da provincia recibiron de parte da Xunta material para a loita contra a vespa velutina. A delegada territorial do goberno galego en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entregou aos gobernos locais de Os Blancos e Xunqueira de Ambía dous equipos de protección individual e unha pértega. Ademais, otorgou ao concello de San Xoán de Río dous equipos de protección individual. 

A maiores, os concellos de Porqueira, Riós, A Rúa, Sandiás e Sarreaus recibiron pértegas; e dous equipos de protección individual ao consistorio de Avión. 

En total, son 31 concellos de Ourense os que forman parte do Plan de vixilancia e control da vespa velutina

Te puede interesar