CULTURA

A Xunta estuda ceder un espazo o Ateneo de Ourense

ois
photo_camera A reunión da plataforma "O Ateneo é noso" con Marisol Díaz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

O goberno galego defende que "non ten ningún espazo para ofrecer a asociación para desenvolver a súa actividade cultural"

A Xunta de Galicia afirma que "non dispón de ningún local para ofrecerllo ao Ateneo de Ourense como sede". O goberno galego ofrécese a estudar a posibilidade a medio prazo de cederlle un espazopara as súas actividades culturales. Así llo transmitiu a máxima representante do Goberno galego en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, aos membros da directiva da asociación cultural "O Ateneo é noso" e da recén creada plataforma na súa defensa, na xuntanza que esta tarde mantivo con eles no seu despacho.

A Xunta de Galicia apoia "o labor e as actividades desenvoltas por esta entidade ao longo dos seus 48 anos de existencia, ao igual que o fai con outras moitas asociacións que contribúen a dinamizar a vida cultural da cidade e da provincia". Sen embargo, a administración autonómica explica que "non pode colaborar con ela nos termos que solicitan canto á cesión de dependencias da Biblioteca Pública".

Dende a plataforma

A asociación cultural "O Ateneo é noso" publicou un comunicado despois da reunión de Díaz Mouteira cos representantes aludindo a falta de compromiso por parte do goberno galego dunha solución a situación crítica que está a padecer o Ateneo.

Te puede interesar