DÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL

O galego tamén é útil á hora de facer negocios

O Día da Galeguidade Empresarial reuniu a unha vintena de empresarios

"Facer negocios en galego é posible e favorable". Esta foi unha das mensaxes do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a xornada de onte con motivo do Día da Galeguidade Empresarial, unha cita promovida polo Foro Peinador. Este ano, o homenaxeado é o propio Enrique Peinador Linares, fillo do fundador das augas de Mondariz.
Ao encontro acudiron unha vintena de empresarios das catro provincias así como o presidente do foro, Xosé González e o  
o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Os representantes dos grupos políticos da corporación municipal tampouco quixeron fallar. 


Durante o evento, destacáronse as principais empresas que apostaron pola incorporación da lingua galega nas súas actividades. É o caso da Academia Postal ou do Grupo Cuevas, que está facendo un "traballo moi singular" coa rotulación dos supermercados en galego, creando "un microclima lingüístico que os consumidores saben recoñecer e có que  se identifican", explicou. Nesta mesma liña, o secretario xeral de Política Lingüística animou aos empresarios a seguir empregando o galego para crear unha relación máis próxima entre o consumidor e o producto. "Todos sabemos que un viño do Ribeiro etiquetado en galego transmite moita máis confianza que enoutras grandes linguas", destacou García. 


Actualmente en Galicia hai máis de 250 marcas, entre viños e outras, que xa etiquetan en galego. "Esto no ano 2003 non existía. Había 12 ou 13 adegas que etiquetaban", dixo González. A pesar deste logro, Vázquez pediulle aos empresarios presentes que integren o galego nos seus negocios.

Te puede interesar