ENTREVISTA

Xurxo Carreño, dobraxes con gancho e humor

OURENSE 15/2/2018 Fotos Xurxo Carreño, vida, foto Gonzalo Belay
photo_camera O divertido Xurxo Pérez.

Un día érgueste e, case sen darte conta, ves como milleiros de persoas te seguen e dánlle un "me gusta" ao que publicas. Son vídeos divertidos, entretidos, que sacan o sorriso e fan que, por un momento esquezas se o día é gris. 

Un día érgueste e, case sen darte conta, ves como milleiros de persoas te seguen e dánlle un "me gusta" ao que publicas. Son vídeos divertidos, entretidos, que sacan o sorriso e fan que, por un momento esquezas se o día é gris. Cecáis ese é parte do segredo do seu éxito, cécais o é ese acento galego e o alto grado de tolemia co que sorprende aos seus followers ou cecáis sexa cousa desas expresións feitas adaptadas. Quen sabe? O que si se sabe é que ao redor de 140.000 seguidores en You Tube, 40.000 en Facebook e 622.000 en Instagram son as súas cifras de seguidores (á hora de peche de edición). Xurxo Carreño... estás a facelo ben!

Cóntenos, como comezou todo?

Esta aventura deu comezo no ano 2015 cando facía Vines, que eran vídeos de humor de curta duración, pero non tiñan moito éxito, xa que en ano e medio que os levaba facendo só conseguira chegar aos 4.000 seguidores, o que me levou a pensar dúas cousas: que non eran o suficientemente bos, ou que necesitaba axuda de terceiros para medrar, xente xa consolidada cun número maior de seguidores que me axudara a chegar ao público. Pero como eu non coñecía daquelas a ninguén do mundillo, deixeino más de lado, e fun menos constante.

Foi no Nadal do 2016 cando os meus pais me regalaron unha guitarra acústica. Era unha espiña que tiña dende pequeno e pensaba que esa era a miña oportunidade, pero nada máis lonxe da realidade. En marzo do 2017 deixeino de lado, por falta de tempo e ganas. Chegou o meu aniversario e díxenme, "se merco un micrófono para gravar as miñas canción coa guitarra, igual me animo", pero tampouco foi así.

Xa a finais de abril do 2017 vira en internet un vídeo de dobraxe, e, como inspiración, lanceime a probar a facelo cun programa de “First Dates”. Como vin que gustaba decidín seguir, pero non foi ata que comecei a dobrar vídeos de animais, que se descontrolou todo. Pasei de ter 4.000 seguidores a 10.000 en apenas un mes, e a mediados de agosto xa contaba con máis de 100.000 persoas que seguían os meus dobraxes case diariamente.

Agora vai todo demasiado rápido, venme mensualmente millons de persoas, e no último mes e medio medrei 200.000 persoas máis. Expandínme a Youtube e a Facebook contando tamén con case outros 200.000 seguidores entre as dúas redes sociais, nin nos meus mellores soños!

Que pensa que triunfa dos seus vídeos?

Creo que o que máis chama a atención é o acento galego, acompañado dun alto grao de tolemia, expresións adaptadas da nosa língua, mesmo palabras íntegras en galego. Fixen internacional a palabra “pirola” chegando a vender camisetas coa frase “¿Te puedo lamer la pirola?” e facendo que esta fose a palabra máis buscada no diccionario da Real Academia Galega en Internet. Tamén fago vídeos en galego, pero subtitulado, pera que toda a xente os poda entender.

En que se inspira para levalos a cabo?

Sinceramente non me inspiro en nada, é certo que si que teño sacado algunha pequena idea ou expresión dalguna serie ou anuncio, pero do resto todo é espontáneo e sen guión. A preparación que teño é levantarme polas mañás, estudar un pouco, recopilar fragmentos de vídeos para dobrar e facelo. 

Con tantos seguidores e subindo vídeos frecuentemente, o ve como un pasatempo ou un traballo?

Fágoo por amor a arte, aínda que teña miles de seguidores en Instagram, non gano nin un euro, a pesar de ter millóns de reproduccións. En YouTube si que gano algo, pero pouco, o suficiente como para pagarme un pequeno caprichiño as fins de semana, cunha ceniña, ou un par de cañas cos colegas. Gustaríame que o día de mañana puidera considerar esto como un traballo, ou que sexa a canle para poder atopar un traballo relacionado co me ámbito.

Algunha fórmula para triunfar nas redes sociais?

Non hai fórmula secreta para chegar a triunfar, é moi dificil. Eu mesmo estou a anos luz de poder triunfar ou chegar a algo, é verdade que xa teño un pequeno camiño feito, e penso que o día de mañá, este esforzo terá a sua recompensa. Toda a xente que me fai esta pregunta, de como poder triunfar, dígolles o mesmo: tedes que ser contantes, que desfrutedes o que fagades, e actualizarse cada certo tempo.

Teme que teña data de caducidade?

Todo nesta vida ten data de caducidade, o que non sabemos é cando rematará, hai que estar preparados e saber adaptarse a situación. Como xa dixen antes, atualizarse é fundamental, abrir os horizontes, non pecharse a nada, e aproveitar todas as oportunidades que se nos plantexan.

Como cree que evolucionou o fenómeno das redes nos últimos anos?

Pódese decir que evolucionou de maneira positiva e negativa. Positiva no aspecto de que hai un maior número de xente que consume contido audiovisual na rede, novas posibilidades de negocio... A parte negativa é que hai moitísimas novas restriccións para nos que somos os “creadores”. É normal que existan máis controles ao haber máis xente, pero vémonos moi afectados.

En que veremos próximamente a Xurxo Carreño?

Teño pensado centrarme máis na miña canle de Youtube, facer outro tipo de contido, non so dobraxes... Xa comezara unha serie que titulada “As aventuras de Xurxo”, de momento consta de dous capítulos, e un terceiro xa gravado, pendente de editar, nos que amoso  a fauna e a flora de Galicia, dende un punto de vista amateur, sen tecnicismos, e con humor. Penso seguir agora que veña o bo tempo e facer a maiores outro tipo de vídeos, máis persoais. Estou aberto a todo tipo de propostas e ideas, xa que penso que na variedade está o gusto, e centrarse nunha soa cousa, é poñerse barreiras.

Te puede interesar