A longametraxe de David Valero competirá na sección 'Nuevos Directores' do Festival de Cine

'Los Increíbles' será o único film galego en San Sebastián

Cartel de 'Los Increíbles'.
O cine galego estará presente na vindeira edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. A longametraxe documental 'Los Increíbles', do director David Valero, competirá na sección 'Nuevos Directores', a segunda en importancia dentro dun festival que este ano celebra a súa edición número 60. A película opta ao 'Premio Kutxa-Nuevos Directores', dotado con 90.000 euros, nunha sección internacional na que compiten primeiras ou segundas obras dos seus directores, todas elas exemplo da produción cinematográfica mundial máis recente e inédita.
'Los Increíbles' é un percorrido polo día a día de tres heroes cotiáns: A Dama de Ferro, Á Rota e A Muller Radioactiva. Tres persoas que sofren as adversidades da vida e que loitan contra os máis terribles inimigos: a morte, o desamor e a soidade. Acompañamos a 'Los Increíbles' nas súas vidas cotiás cheas de sufrimento e rexeitamento. Pero eles nunca se dan por vencidos, continúan pelexando por atopar a felicidade, porque eles son heroes

Esta é a primeira longametraxe documental do director alacantino David Valero. A súa primeira curtametraxe gravaouna á idade de 12 anos. Seguiríanlle máis dunha vintena de curtas aos que el mesmo chamará 'Traballos de aprendizaxe'.

En 2007 estrea a súa primeira curtametraxe rodada en 35mm, 'Niños que nunca existieron' cun gran recoñecemento en festivais nacionais eo internacionais: Premio Tirant/ primeiro premio no 'Girona Film Festival', Mención Especial no 'IX Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española-SGAE', primerio premio en 'Expresión en Curto' (México), Mellor Director en 'Festival de cine de Soria', primeiro premio no 'Festival de cine solidario de Guadalajara', primeiro premio 'Tirana Film Festival' (Albania).

En 2010 grava 'El día que yo me muera' gañadora da 8º edición do festival Internacional de curtametraxes Notodofilmfest á mellor película documental. Producida por Luisa Romeo (Frida Films) e Juanjo Giménez (Salto de Eje), con montaxe de Aurora Sulli e música de Vincent Barrière, 'Los Increíbles' conta coa participación de Adán Aliaga (director de 'La casa de mi abuela' e 'A muller do Eternauta') como axudante de dirección.

Te puede interesar
Más en Sociedad