Propoñen que ás orquestras canten en galego parte do seu repertorio

'O santo xa non convoca, pero, aínda así, a sociedade galega, sobre todo no rural, demanda espazos de ocio'. Son palabras de Xosé González, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, unha entidade que fomenta o uso da lingua propia nas festas populares, coa recomendación de incorporar, por exemplo, un 20% o repertorio das orquestras.
A chegada da época estival tamén orixina a multiplicación das festas patronais e populares e, para paliar o que Xosé González considera esa falta de convocatoria, a asociación propón a 'galleguización' das festas cun listado de recomendacións recollidas na campaña 'Mil festas máis para a lingua galega', que publicamente se dará a coñecer esta semana, e entre as que atopa unha chamada á busca de elementos 'diferenciadores' na programación de actividades.

Galicia ten case 3.800 parroquias e máis de 30.000 núcleos de poboación, co que as festas populares superan tamén as 3.000 e moven, segundo dados desta asociación, uns 90 millóns de volume de negocio, o que supón un potencial 'galeguizador', segundo subliñou, Xosé González.

A asociación, que ten trinta anos de historia e dende hai máis de dez traballa para que as festas recuperen a 'identidade propia' de cada unha das parroquias, editou un folleto, máis de mil en papel e que tamén se distribúe nas redes sociais, no que se recollen propostas para a 'galleguización das festas'.

Concretamente, o folleto, sinala entre as propostas para a galleguización das festas que nestas contratacións a porcentaxe do repertorio en galego 'debería roldar o 20% do repertorio total'. Non só iso, senón que tamén instan a que se especifique que 'as alocucións dirixidas ao público se fagan en lingua galega'.

Te puede interesar