¡BUONE VISIONI!

A segunda guerra civil americana

Alex Garland, o director da serie Devs (2020), de Ex Machina (2014) e Aniquilación (2018), entre outras películas, volve ao cine con Civil War, unha distopía mais. Como fixo noutras producións, fotografía un vindeiro moi próximo, neste caso con Estados Unidos sumido nunha guerra civil. Texas e California, estados aparentemente as antípodas, xúntanse para derribar un presidente fascista que, entre outras medidas, aboliu a liberdade de prensa e o FBI. Desde Washington, o ditador que luce a mesma garabata laranxa de Donald Trump, dedícase a lanzar proclamas patrióticos en favor da unidade do País. A pesar das premisas, Civil War non é un filme político, mais ben é a historia dun grupo de reporteiros, fotógrafos de guerra, que emprenden unha viaxe desde Nova York á Casa Blanca antes da chegada das forzas rebeldes.

Civil War é tamén un filme bélico, unha viaxe no horror que lembra a Apocalipse Now (1979), pero no estilo - salvando as diferencias – semella máis a La Chaqueta Metálica (1987). Garland, como Kubrick, utiliza a música de forma chocante, as veces irónica, como contrapunto ás imaxes - neste caso soan temas de Silver Apples, Skid Row ou Suicide. Kirsten Dunst, Cailee Spaeny, Wagner Maura e Stephen McKinley interpretan aos fotoxornalistas de diferentes xeracións. Lévannos nunha viaxe on the road ás liñas do fronte, á captura dos instantes que describan o horror bélico. Garland abandona as especulacións filosóficas que acompañaban os seus anteriores traballos, pero, sí, abre unha reflexión profunda sobre o papel da imaxe na prensa hoxe en día. Nunha época marcada pola inmediatez, a sobraexposición e a uniformidade de información, que valor pode ter aínda unha imaxe analóxica sacada cunha Nikon analóxica?

Ao mesmo tempo, Garland especula sobre os temas éticos relacionados coa profesión e sobre a dureza de traballar en zonas de conflitos. Lee Smith, o personaxe interpretado por Kirsten Dunst, ten máis dun paralelismo coa fotógrafa que leva o mesmo nome, Lee Miller, como sinálao Jessie (Cailee Spaeny) nunha das escenas iniciais. Miller foi a corresponsal de Vogue durante a Segunda Guerra Mundial, uniuse aos aliados na liberación de Alemania e foi a primeira a entrar nos campos de exterminio de Auschwitz de Dachau. Unha fotografa que acabou sufrindo depresión, en boa parte polas imaxes vividas en primeira persoa durante o conflito. En Civil War, Lee Smith encarna o carácter da bo fotoperiodista, que é capaz de inmortalizar a realidade con honestidade, sen manipulacións, pero tamén todos os traumas que conleva a profesión. A escena da bañeira na que Smith rivive algunhas das súas vivencias máis terrorificas relacionadas coa súa traxectoria profesional, é outro guiño á figura de Lee Miller e á célebre foto na bañeira de Hitler.

Outra secuencia onde aparece o personaxe interpretado por Jesse Plemons - un patriota psicópata con gafas vermellas – é un momentos máis duros da película, e son instantes que nos fan vivir desde dentro os riscos e a crueza desta profesión.

Alex Garland prefire non contar como chegamos á segunda guerra civil estadounidense, deixando ao espectador a súas propias conclusións, pero, sí, deixa claro que a falta da liberdade de prensa está entre os factores de desequilibrio dunha sociedade democrática.

Te puede interesar
Más en Sociedad