Ana Romaní, Jorge Mira, Chévere, Son de Seu e Angela de la Cruz, entre os agasallados

Vigo acolleu o acto de entrega dos Premios da Crítica 2011

O televisivo Jorger Mira, un dos cinco premiados, recolleu o galardón na modalidade de Investigación. (Foto: VERÓNICA RODRÍGUEZ)
No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer onte o ditame da trixésimo cuarta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas cinco modalidades.
Ana Romaní levouse o galardón de Creación Literaria pola súa obra 'Estrema'. Jorge Mira, o de Investigación, por liderar o traballo 'A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten'. Son de Seu, impúxose en Música como un proxecto pioneiro e singular que a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral; co valor engadido do labor pedagóxico da súa sede ETrad. Proxecto Terra fíxose co de Iniciativas Culturais, xa que impulsado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, promove a sensibilización do valor patrimonial nos máis novos. Ángela de la Cruz foi Premio da Crítica en Artes Plásticas e Visuais pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva coa que rompe os límites. Por último, o espectáculo 'Citizen' de Teatro Chévere obtuvo a modalidade de Artes Escénicas e Audivisuais pola orixinalidade da súa linguaxe dramatúrxica e da posta en escena.

Os cinco xurados das distintas modalidades deliberaron ao longo da mañá, e deron a coñecer os seus fallos no serán. De seguido celebrouse unha cea, onde tódolos asistentes recibiron unha litografía asinada de Antón Pulido.

Baixo o lema 'Eis o canto eterno dunha terra', recollido dun verso de Lois Pereiro, xuntáronse catrocentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro; Lucía Molares, delegada territorial da Xunta; Xosé Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Delfín Fernández, subdelegado do Goberno; Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE; Carmela Silva, concelleira de Urbanismo do concello de Vigo; Santiago Domínguez Olveira, voceiro do BNG no concello de Vigo; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Comba Campoy, saudando aos asistentes e lembrando que ao longo de máis de tres décadas os Premios da Crítica Galicia baseáronse no galeguismo integrador, 'que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como Fortiter in re suabiter in modo, man forte con luva de seda, sen confundir a luva coa man, que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre'.

Pechou o acto o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen destacou 'o sabor especial e renovado' desta edición, xa que coincide coa estrea da nova xunta directiva da Fundación e reivindicóouos premios como 'una manifestación de liberdade, creatividade e modernidade'.

Te puede interesar
Más en Sociedad