O escritor Xabier Cordal, Xosé Ramón Barreiro, Culturgal, Xulio Gil e Voadora, entre os galardoados

Vigo acolleu o acto de entrega dos Premios da Crítica 2013

Os premiados posan coa figura que recibiron como recoñecemento polas súa creación artística. (Foto: J.V. LANDÍN)
Co mar de Vigo ao que cantou Martín Códax como fondo e baixo o lema 'Auga limpa en fresca fonte' (Cantares Gallegos), preto de 400 persoas participaron a mediodía de onte no hotel Los Escudos de Alcabre na entrega dos Premios da Crítica 2013. O prestixio destes premios ven determinado pola súa soleira (onte foi a 36 edición), porque non teñen retribución económica (é unha figura de Martín Códax deseñada por Díaz Pardo) e porque os xurados son moi plurais e formados por persoas cunha traxectoria recoñecida no seu ámbito, segundo explicou o presidente da Fundación, Bieto Ledo.
O Premio de Creación Literaria recaeu en 'Transmuta' (Xerais) do poeta coruñés Xabier Cordal, que competía con Begoña Caamaño e Francisco Fernández Naval. O xurado destacou a súa capacidade para conciliar a lealdade á linguaxe poética coa expresión de contidos de profundo alento humano. 'O libro foi unha resposta á morte dunha xeración que me tocou moi de preto e á vez é unha resposta a este tempo tan adverso que vivimos', manifestou.

O Premio de Investigación foi para ' Murguía' (Galaxia) de Xosé Ramón Barreiro, que non puido acudir por estar de viaxe en Arxentina e que competía con obras de Ramón Nicolás e Francisco Rodríguez. O rigor e a relevancia da figura escollida na investigación foron decisivos para os xurados.

'Taller Atlántico Contemporáneo' obtivo o Premio de Música, deixando atrás a Mercedes Peón e Cantigas de Mulleres. O xurado destacou a mistura de teatro/humor, música e gastronomía desta agrupación de música c ntemporánea. Luis Soto agradeceu o premio, dixo que en dúas horas tiñan un concerto en Santiago, o único do ano, e despediuse cun poema de Eduardo Galeano sobre a música.

O Premio de Iniciativas Culturais levouno a Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que venceu sbre Kalandraka e a Mostra de Teatro de Ribadavia. Culturgal criticou o IVE da cultura, que a considera como un luxo.

O Premio de Artes Plásticas e Visuais foi para o fotógrafo Xulio Gil pola calidade e orixinalidade.

'Voadora' gañou o Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais polos espectáculos 'Waltz' e 'Tokio 3' e pola súa capacidade de arriscar. Foron finalistas Quico Cadaval e Eloy Enciso.

Te puede interesar
Más en Sociedad