Galicia está entre as rexións con menor porcentaxe de usuarios frecuentes de Internet, cun 48,3%

Una usuaria buscando empleo por internet (Foto: EFE)
Galicia atopase entre as rexións con menor porcentaxe de usuarios frecuentes de Internet, ao contar cun 57,8 por cento dos internaturas que se conectan de xeito continuado, segundo a Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación nos Fogares do Instituto Nacional de Estatística (INE) que recolle Europa Press.
Por enriba da Comunidade galega sitúanse Extremadura (48,5%), a cidade autónoma de Melilla (51,1%), Murcia e Andalucía, ambas as dúas cun 52,4 por cento.

Pola súa banda, a media nacional é do 58,4 por cento. As comunidades cun maior número de internautas frecuentes son Cataluña cun 67,7 por cento, Madrid (66,7%), Baleares (65,1%), Aragón (61,2%) e País Vasco cun 60,7 por cento.

Un 57,8 por cento dos galegos utilizan o ordenador. Neste punto, ségueno Extremadura (61,1%) e Murcia (62,5%). No lado oposto, en Madrid, un 74% afirma utilizalo nos últimos 3 meses; en Cataluña, un 73,1%; en Baleares, un 73% e en Aragón, un 70,5%.

Respecto ao uso de Internet no último trimestre, Galicia tamén lidera pola cola o listado por comunidades (53,6%), seguida por Canarias, Extremadura (57,2%), Murcia (58,7%) e a cidade autónoma de Melilla (60,5%).

Te puede interesar