UNIVERSITAS

Aberto o prazo de inscrición para participar na Copa Fair Play

la_foto_result
photo_camera Participantes en la pasada edición de Copa Fair Play.

Ata o 5 de marzo, todos os interesados en anotarse deberán facelo en www.deporxest.uvigo.es

 Os tres campus da Universidade de Vigo veñen de abrir o prazo de inscrición para o que será unha nova edición da Copa Fair Play, unha competición que nesta ocasión celebrará a súa final no Campus de Vigo os días 29 e 30 de abril. A fase previa será durante os meses de marzo e abril en cada un dos campus e todos os interesados contan ata o 5 de marzo para formalizar a súa inscrición online.

No Campus de Vigo, o principal requisito para participar nesta competición é ter participado con anterioridade na liga universitaria.

Trátase dunha competición de eliminatoria directa polo que se incrementa o atractivo desta proba xa que no caso do Campus de Vigo e contrariamente ao que acontece na liga, xogan misturados os equipos de 1ª, 2ª e 3ª división.

As modalidades deportivas que ano tras ano contan con máis participación son fútbol sala masculino e fútbol 7 mixto, igual que acontece  nas ligas universitarias, pero tamén contan na Copa Fair Play con baloncesto mixto, fútbol sala feminino e voleibol mixto.

Todos os interesados en anotarse poden xa facelo, no caso dos participantes nas ligas universitarias (requisito imprescindible no Campus de Vigo, pero non nos outros dous campus), soamente deberán entrar na súa ficha e sinalar que queren participar na Copa. No caso dos interesados que non participaran na liga, deberán aportar os datos que se lles solicitan na web.

Por último sinalar que a Copa Fair Play volverá a ser todo un éxito e os gañadores de cada un dos tres campus competirán nunha fase final que promete ser do máis apaixoante.n

Te puede interesar
Más en Universitas