UNIVERSITAS

En Allariz buscan aproveitar os residuos orgánicos

24.02.15.ALLARIZ.CONCELLO.SALON.PLENOS.FIRMA.CONVENIO.SALUSTIANO.MATO(REITOR.UNI.VIGO)FRANCISCO.GARCIA(ALCALDE.ALLARIZ)
photo_camera Salustiano Mato e Francisco García asinaron este martes varios convenios de colaboración.

Mato e García asinaron varios convenios de colaboración.

A Universidade de Vigo e o Concello de Allariz levan anos de continua colaboración para o desenvolvemento científico, tecnolóxico, cultural e laboral da comarca, procurando sempre unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade. Para “reforzar a nosa alianza estratéxica”, ambas institucións asinaron este martes varios convenios a través dos que regular esta cooperación. Un deles, un convenio marco “que lle da un paraugas máis amplo a esa coalición mirando cara o futuro e cos que abrigar as dúas primeiras accións concretas”, como salientou o reitor, Salustiano Mato: unha centrada nas accións arqueolóxicas desenvolvidas nas escavacións de Armea e outro na mellora da actual xestión de residuos do municipio.

A través dun dos convenios de colaboración asinados, Universidade de Vigo colaborará xunto á de A Coruña nun proxecto piloto de recollida de lixo con separación en orixe e “porta a porta” e na creación dun centro de experimentación ambiental para o ensaio da compostaxe destes residuos. Con esta iniciativa, o concello alaricano pretende aproveitar o 80% dos desfeitos orgánicos que se xeran no municipio e “ter a posibilidade de que este compostaxe sexa utilizado como abono en moitos ámbitos públicos ou privados”.

Cunha duración de oito meses e un orzamento de 4000 euros, este proxecto de colaboración estará liderado polo equipo da profesora Josefina Garrido, directora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo.

Te puede interesar
Más en Universitas