UNIVERSITAS

Aprobada a implantación de Enxeñaría Aeroespacial

gal01_result
photo_camera O Consello de Campus aprobou por ampla maioría o inicio dos trámites para a súa posta en marcha.

Inícianse a partir deste momento os trámites para a posta en marcha

O Consello de Campus aprobou por unha ampla maioría “iniciar o camiño” para poñer en marcha o grao en Enxeñaría Aeroespacial en Ourense. Despois de deixar un período de reflexión para que os representantes deste órgano de goberno o consultasen cos distintos centros e colectivos, nunha sesión extraordinaria deuse o visto e prace á implantación desta nova titulación cun total de 12 votos a favor, cinco abstencións e ningún en contra. “Estou contento de que unha proposta que iniciamos dende o Goberno sexa agora un proxecto de todo o campus. E con todo o campus teremos que traballalo”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Este foi o primeiro paso para a implantación dunha titulación de ámbito tecnolóxico “potente para Ourense e para toda a comunidade galega” e que terá por diante un longo camiño ata a presentación oficial ante a Xunta de Galicia este verán. Tras a súa aprobación en Consello de Campus elevarase unha expresión de interese ante o Consello de Goberno, que é o órgano competente para iniciar o proceso de tramitación. En caso de aprobarse, constituiríase unha Xunta de Titulación intercentros na que estiveran involucradas facultades e escolas coas especialidades máis afíns a esta nova enxeñaría: a Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e as escolas de Telecomunicación, Enxeñaría de Minas e Enxeñería Industrial do campus de Vigo.n

Te puede interesar
Más en Universitas