UNIVERSITAS

Atención médica en Ourense e Vigo a cargo de Santiago Perote

_perote_opt
photo_camera O doutor vigués Santiago Perote no seu despacho

Comeza a súa andaina na Universidade, nun servizo do que destaca “o seu gran prestixio”

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo conta cun servizo de medicina deportiva e fisioterapia en cada un dos seus tres campus. Dende estes espazos ofrecen diversos servizos médico-deportivos, tanto ao alumnado como a todos os integrantes da comunidade universitaria que así o demanden. Dende hai tres semanas, Dende hai tres semanas, os campus de Vigo e Ourense contan cun novo membro, o doutor Santiago Perote Suárez-Rivero, quen se suma a un equipo integrado por unha fisioterapeuta, o coordinador da Unidade de Deporte e Saúde e os técnicos das salas cardio fitness.

Comeza unha nova andaina na Universidade, onde desenvolveu anteriormente a súa labor médica?
Traballei anteriormente en Atención Primaria e en Medicina Laboral fundamentalmente. Nos últimos anos tamén estiven facendo o MIR de Medicina Deportiva en Oviedo e agora comezo unha nova etapa con moita ilusión.

En que consiste concretamente o seu cometido dentro deste servizo do campus de Vigo?
O meu principal cometido é atender medicamente a Unidade, realizando recoñecementos médico-deportivos e valorando diversas capacidades dos deportistas. Tamén está a faceta de asesoramento dietético, tratamento de lesións e prestanto apoio científico ao Servizo de Deportes.

A quen están dirixidos os servizos médicos que ofrecen e cando presta vostede esta atención?
O noso servizo está a disposición de toda a comunidade universitaria, isto inclúe ao alumnado, PDI e PAS. En Vigo estamos todos os martes en horario de 13:30 a 18:30 horas e en Ourense os xoves de 16:30 a 20:30 horas.

Cales son as principais doenzas que levan aos usuarios a facer uso deste servizo?
Aínda non levo o tempo suficiente para facer unha valoración, soamente tres semanas, pero por experiencias anteriores con deportistas, o máis frecuente son as lesións musculares, moitas veces froito dun adestramento pouco axeitado e tamén esguinces e contusións.

nO Servizo de Deportes da Universidade de Vigo conta cun servizo de medicina deportiva e fisioterapia en cada un dos seus tres campus. Dende estes espazos ofrecen diversos servizos médico-deportivos, tanto ao alumnado como a todos os integrantes da comunidade universitaria que así o demanden. Dende hai tres semanas, Dende hai tres semanas, os campus de Vigo e Ourense contan cun novo membro, o doutor Santiago Perote Suárez-Rivero, quen se suma a un equipo integrado por unha fisioterapeuta, o coordinador da Unidade de Deporte e Saúde e os técnicos das salas cardio fitness.

Comeza unha nova andaina na Universidade, onde desenvolveu anteriormente a súa labor médica?
Traballei anteriormente en Atención Primaria e en Medicina Laboral fundamentalmente. Nos últimos anos tamén estiven facendo o MIR de Medicina Deportiva en Oviedo e agora comezo unha nova etapa con moita ilusión.

En que consiste concretamente o seu cometido dentro deste servizo do campus de Vigo?
O meu principal cometido é atender medicamente a Unidade, realizando recoñecementos médico-deportivos e valorando diversas capacidades dos deportistas. Tamén está a faceta de asesoramento dietético, tratamento de lesións e prestanto apoio científico ao Servizo de Deportes.

A quen están dirixidos os servizos médicos que ofrecen e cando presta vostede esta atención?
O noso servizo está a disposición de toda a comunidade universitaria, isto inclúe ao alumnado, PDI e PAS. En Vigo estamos todos os martes en horario de 13:30 a 18:30 horas e en Ourense os xoves de 16:30 a 20:30 horas.

Cales son as principais doenzas que levan aos usuarios a facer uso deste servizo?
Aínda non levo o tempo suficiente para facer unha valoración, soamente tres semanas, pero por experiencias anteriores con deportistas, o máis frecuente son as lesións musculares, moitas veces froito dun adestramento pouco axeitado e tamén esguinces e contusións.

Te puede interesar
Más en Universitas