UNIVERSITAS

Ciencia, investigación pero tamén divulgación

g1-2-_result
photo_camera Comunicadora.

A principal barreira que atopa o persoal científico e investigador á hora de dar a coñecer os resultados do seu traballo é terse que comunicar cun público non especializado.

A principal barreira que atopa o persoal científico e investigador á hora de dar a coñecer os resultados do seu traballo é terse que comunicar cun público non especializado. Máis aló das publicacións científicas de cada ámbito, a sociedade en xeral tamén demanda información sobre os proxectos que se desenvolven nas universidades e centros de I+D. Ese é o reto, conseguir unha comunicación efectiva que permita trasladar coñecementos especializados a un público xeneralista a través de xornalistas que moitas veces tampouco están especializado en ciencia. Por iso, é crucial que os propios investigadores e coñezan algunhas das claves da comunicación xornalística para poder manexarse en artigos, roldas de prensa, entrevistas, etc. Ese é o obxectivo da xornada Comunicación para Científicos que a Rede Galega de Biomateriais organizou. O obxectivo é que o persoal docente e investigador teña un achegamento ao xeito de traballar dos medios de comunicación, e para iso, a xornada contou coa presenza de xornalistas que, nunha primeira parte do programa ofreceron varias charlas e, na segunda, un obradoiro práctico destinado a membros da Rede Galega de Biomateriais.

Te puede interesar
Más en Universitas