O IES O Ribeiro gaña o Concurso Intercentros de Enxeñaría Forestal

Un total de 56 estudantes de bacharelato de dez institutos de Galicia participaron na iniciativa promovida pola de Escola de Enxeñaría Forestal

O IES O Ribeiro gaña o Concurso Intercentros de Enxeñaría Forestal

A proposta de incorporar unha rampla a un pozo situado no bosque de Ridimoas, no concello ourensán de Beade, a través da que poidan saír deste as píntegas que van depositar nel as súas larvas, evitando así que morran afogadas, valeulle a un grupo de catro alumas do IES O Ribeiro de Ribadavia o primeiro premio no Concurso Intercentros de Enxeñaría Forestal, que celebrou a súa entrega de premios.

Un total de 56 estudantes de bacharelato de dez institutos de Galicia participaron na iniciativa promovida pola de Escola de Enxeñaría Forestal, que animaba ao alumnado a desenvolver propostas de recuperación e mellora de espazos naturais da súa contorna e que estaba dotada cun primeiro premio de 1.000 euros, que foi a parar ao equipo que integran Paula González, Uxía Carlón, Sheila Formoso e Alba Amaro.

“Foi unha sorpresa”, recoñecían González e Carlón tras recoller o seu diploma de gañadoras dun concurso ao que achegaron un proxecto dirixido a “axudar á preservación da fauna autóctona”.n