UNIVERSITAS

Nova fonte de prebióticos para alimentos funcionais

pag7A_result
photo_camera A investigadora Belén Gómez posa no laboratorio.

Gómez afondou no aproveitamento de polpas de cítricos, remolacha e bagazo de mazá

Cada día máis, a cidadanía está preocupada polo impacto que a alimentación ten na saúde. Unha das respostas ofrecidas desde o mercado e a ciencia a esta preocupación é os chamados alimentos funcionais, alimentos que alén das súas características nutricionais son elaborados para cumprir unha función específica, como pode ser axudar a baixar o colesterol.

Entre os ingredientes que permiten esta funcionalidade están os cada vez máis populares prebióticos, compoñentes non dixeribles que benefician ao organismo promovendo o crecemento e/ou actividade dunha ou varias bacterias positivas da microbiota intestinal. Na súa tese de doutoramento, Belén Gómez demostrou como se poden aproveitar subprodutos da agroindustria, como polpas de cítricos, remolacha azucreira e bagazo de mazá, para obter potenciais prebióticos aptos para o seu uso en alimentación.

A tese de doutoramento desta investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense foi dirixida por José Luis Alonso, Juan Carlos Parajó e Remedios Yáñez e levou por título "Obtención, purificación, caracterización e avaliación de novos prebióticos a partir de subprodutos agroindustriais". Segundo explica a autora, a investigación enmárcase “dentro dunha das principais liñas de investigación do Departamento de Enxeñaría Química EQ-2”.

Te puede interesar
Más en Universitas