UNIVERSITAS

Novo centro de cálculo intermedio do CITI

foto7A_result
photo_camera Rubén Comesaña, Antón Vila Sobrino e Rubén Romero.

Sitúase entre os supercomputadores e os equipos de grupo ou empresa

Hoxe en día o procesamento de datos é indispensable en case todos os campos de investigación ou de traballo. Ás veces, un equipamento informático “estándar” é suficiente para facelo. Porén, algunhas áreas de coñecemento emerxentes, como a bioinformática ou a computación gráfica, requiren equipos especializados, custosos e difíciles de conseguir, recorrendo habitualmente nestes casos ao uso puntual de grandes centros de supercomputación. Co obxectivo de crear un centro de cálculo de prestacións intermedias, situado entre estes supercomputadores e aqueles equipos que poidan ter empresas ou grupos, o CITI, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, vén de dotarse dun servidor de cálculo científico de altas prestacións. 


O servidor, xa instalado nun espazo habilitado para el na planta piloto do CITI, foi financiado con 278.239 euros na convocatoria de axudas do ano 2013 para infraestruturas e equipamento cientifico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade e con fondos FEDER a un 80%. “O obxectivo do proxecto é pór a disposición de grupos e empresas equipos de gran potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU, capaces de xestionar grandes volumes de datos”, destaca Xosé Antón Vila Sobrino, director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación ubicado no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense.
 

Te puede interesar
Más en Universitas