UNIVERSITAS

Poucas mulleres nas spin-off universitarias españolas

gal01_result
photo_camera As profesoras Sara Fernández e MªJesús Rodríguez Gulías, dúas autoras do estudo.

O primeiro estudo empírico que analiza as diferenzas de xénero nos recursos iniciais (financeiros, humanos, sociais e tecnolóxicos e no crecemento en vendas.

A creación de empresas é considerada un dos factores chave do desenvolvemento económico e do mantemento da competitividade, en gran parte pola súa clara contribución á xeración de emprego. A literatura económica non só recolle unha visión xeral da muller como “un conxunto heteroxéneo” con características particulares distintas ás dos emprendedores masculinos, senón que lle atribúe ás empresas promovidas por mulleres un menor crecemento en base a unha menor dotación de recursos, así como a diferentes valores, actitudes e preferencias. Os profesores María Jesús Rodríguez Gulías, da Universidade de Vigo, e Sara Fernández e David Rodeido, da Universidade de Santiago, son os autores do primeiro estudo empírico que analiza as diferenzas de xénero nos recursos iniciais (financeiros, humanos, sociais e tecnolóxicos) e no crecemento en vendas e en emprego das spin-off universitarias, no que conclúen que estas variables non difiren entre as empresas creadas por mulleres e as fundadas exclusivamente por homes.

Para este traballo, titulado A orixe universitaria como mitigador do efecto xénero nas spin-off españolas, os docentes analizaron a evolución entre 2001 e 2010 de 120 empresas xurdidas das aulas e laboratorios universitarios. E os resultados amosaron claramente a baixa presenza feminina neste tipo de empresas, xa que tan só un 22% das spin-off estudadas contaba con algunha muller entre os seus socios, fronte ao 78% das empresas formadas exclusivamente por homes e que non tiñan nin unha soa muller entre os seus fundadores ou socios.

Te puede interesar
Más en Universitas