Recoñecemento á Excelencia Deportiva durante a gala

gal3_result
photo_camera Un moment da entrega dos Premios á Excelencia Deportiva da Pasada Edición.

Outougaranse un total de seis premios coa mesma consideración

Entre os distintos recoñecementos dos que se fará entrega esta noite na XXIII edición da Gala do Deporte da Universidade, destacan cada ano os Premios á Excelencia Deportiva, que este ano celebran a súa quinta edición. Estos premios se outorgarán, segundo indicou o responsable de Deportes da Universidade de Vigo, Javier Rial, tendo en conta "tanto os resultados nas competicións como os expedientes académicos, coa idea de premiar a aqueles que mellor foron capaces de compaxinar ambas facetas”.

Os taekwondistas Ángel Parada e Lara Ouviña, a loitadora Noelia Lalín, a triatleta Aida Valiño, o nadador Marc Ciurana e o atleta Carlos Revuelta serán os seis estudantes agasallados con esta distinción, nunha gala na que tamén se recoñecerá a traxectoria do profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Joaquín Dosil e da egresada Susana Rodríguez Gacio.

Unha das novidades desta edición é que os seis gañadores terán a mesma consideración, serán seis gañadores con maíusculas e todos eles recibirán o mesmo agasallo, unha magnífica tablet.

Te puede interesar
Más en Universitas