AGORA É NOTICIA

A sociedade pregunta, a universidade responde

20161005103755078_result
photo_camera "La universidad responde" pon á disposicio´n da sociedade unha serie de microespazos.

Vigo participa, xunto con outras 24 universidades, nun proxecto audiovisual de divulgación científica.

Algúns son temas de actualidade, como o TTIP ou os paraísos fiscais, outras son curiosidades como se os animais falan igual en inglés ou en español ou se se poden escoitar as flores, e outras, mesmo se atreven con predicións de futuro como o impacto dos robots industriais no mercado laboral. As respostas a estas cuestións, nunha linguaxe clara, sinxela e directa, están ao alcance de toda sociedade a través dunha iniciativa de divulgación científica na que participan 25 universidades de toda España, entre elas a de Vigo.     

O obxectivo de “La universidad responde” é pór a disposición da sociedade unha serie de microespazos en formato vídeo nos que un representante da comunidade universitaria responde unha pregunta de interese xeral. Para a segunda edición deste programa, a Universidade Vigo elaborou dez pezas audiovisuais de algo máis un minuto nas que docentes de diferentes áreas achegan respostas a preguntas como: Que é o fitoplancto?; Rouban postos de traballo os robots industriais?; Que son os paraísos fiscais?; De que depende a pendente dunha praia?; Cantas cousas caben na nube?; Que é o raccord?; Pódense escoitar as cores?; Por que existen as flores?; Que é o TTIP? e Falan os animais igual en inglés que en español?

 A Universidade de Vigo xa participara na primeira edición en 2012 cunha serie tamén de dez capítulos. O vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, encargouse da coordinación de contidos mentres a realización técnica correspondeu ao persoal técnico de UvigoTV. O vicerreitor explica que “as universidades públicas teñen a función de difundir o coñecemento dentro da sociedade na que están inseridas e iso é o que se pretende conseguir con este proxecto, facer chegar ao gran público respostas de calidade, cunha base científica incuestionable, a temas de interese xeral e de candente actualidade”. Para facer a selección de temas combinouse a identificación deses temas a través da relación dos académicos coa cidadanía e da análise dos medios de comunicación (tanto tradicionais como os novos medios e redes dixitais) cos campos de investigación do persoal docente e investigador interesado en participar, apunta o responsable universitario.

Te puede interesar
Más en Universitas