UNIVERSITAS

O Xeolodía15 pon rumbo ás illas Cíes

Cada ano elíxense lugares de especial relevancia xeolóxica para achegar esta disciplina ao público en xeral a través de actividades divulgativas simultáneas nas 54 provincias.

 A celebración do Xeolodía ten a súa orixe en Teruel en 2005, pero foise estendendo a todas as provincias españolas, chegando a Pontevedra hai xa cinco anos, da man de docentes da Universidade de Vigo. Cada ano elíxense lugares de especial relevancia xeolóxica para achegar esta disciplina ao público en xeral a través de actividades divulgativas simultáneas nas 54 provincias. Para a edición 2015, o grupo de dez profesores de Ciencias do Mar e Enxeñaría de Minas que se encargan da organización deste evento en Pontevedra, coordinados polos investigadores Irene Alejo e José Bienvenido Diez, do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, elixiron como destino as illas Cíes. Así, como cada ano dende hai cinco, a segunda fin de semana de maio terá lugar unha visita guiada para coñecer os tesouros xeolóxicos que agocha, neste caso o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Te puede interesar
Más en Universitas