O alcalde de Viana critica a “pinza" de PP e PSOE cos presupostos de 2017

Secundino Viana_result
photo_camera Secundino Fernández.

Fernández afirma que os dous partidos da oposición fixeron "un boicot en toda regla ás contas para 2017", unha situación "que afectará aos veciños de Viana do Bolo".

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, do BNG, criticou con dureza a "pinza" que fixeron PP e PSOE para impedir a aprobación dos presupostos do Concello para o ano 2017. Fernández afirma que os dous partidos da oposición fixeron "un boicot en toda regla ás contas para 2017", unha situación "que afectará aos veciños de Viana do Bolo".

Asegura o rexidor vianés que nin PP nin PSOE plantexaron alternativa algunha e acusa ao concelleiro socialista, Jesús Salgado, de negarse a negociar "e non quixo facer a mínima proposta", recordando que houbo houbo xuntanzas con el no mes de setembro, en outubro deusello un borrador  "e a principios do mes  de decembro tentouse todo e todo foron excusas", di Fernández.

Coa votación do último pleno o alcalde asegura que non se poderán gastar 269.000 euros que se van recadar, nin se poderán acometer inversións por 102.000 euros. Asegura o rexidor municipal que co voto en contra dos orzamentos tampouco se poderán acometer melloras nos locais sociais do rural, nin nos servizos sociais, entre outras partias.

O BNG desenvolve o goberno municipal de Viana con cinco concelleiros, mentres que a op osición está integrada por cinco concelleiros do PP e un do PSOE.

Te puede interesar