O Concello de A Veiga fará un parque infantil en Seoane

O proxecto terá un investimento total de 25.000 euros, que serán subvencionados ao 64% pola Consellería, dando resposta a unha demanda plantexada polos veciños de Seoane

O Concello de A Veiga construirá un parque infantil no contorno da Zona de Especial Protección (ZEC) Pena Trevinca, concretamente, na localidade de Seoane, parque que contará, ademáis, con información divulgativa e didáctica do espazo natural de Pena Trevinca. Esta obra será posible logo de asinar o Concello un convenio coa Consellería de Presidencia da Xunta.

O proxecto terá un investimento total de 25.000 euros, que serán subvencionados ao 64% pola Consellería, dando resposta a unha demanda plantexada polos veciños de Seoane. Dentro das actuacións está previsto o acondicionamento do terreo e do seu entorno, instalacións de medidas de seguridade, xestión de residuos, xardinería, mobiliario, creación do parque infantil e instalación de varios paneis informativos, nos que se mostren, tanto a veciños como aos posibles visitantes, os valores do espazo natural de Pena Trevinca.

Remolque de emerxencias

O Concello tamén disporá dun remolque de emerxencias para funcións de protección civil e emerxencias fronte a posible catástrofes, dentro do plan para dotar con este tipo de equipamento a concellos con menos de 50.000 habitantes. Este remolque será moi útil nun concello que, como o de A Veiga, ten un alto risco de nevaradas durante o inverno.

Te puede interesar