DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas de O Barco aúna cine, maxia, música e poesía

Vistas de O Barco desde el mirador de Alixo.
photo_camera Vistas de O Barco desde el mirador de Alixo.
Arrancará o 2 de maio co mes do cine galego, que inclúe cinco filmes no auditorio do teatro Lauro Olmo

O programa do Día das Letras Galegas combinará cine, maxia, música e poesía no Barco de Valdeorras. O programa arrancará co “Mes do cine galego”, que permitirá presenciar no Teatro Lauro Olmo os filmes “Mimosas”, (día 2 de maio), “Eles transportan a morte” (9), “Cuñados” (17 e 19), “As neves” (23) e ”Samsara” (30). Serán dous os pases diarios, que comenzarán ás 17,00 e 19,00 horas.

As actividades diseñadas pola Concellaría de Cultura e Educación, que dirixe Margarida Pizcueta, coa colaboura do Cine Clube Groucho Marx e a Xunta, tamén inclúen o espectáculo multidisciplinar “Indóciles”, baseado na obra da protagonista do Día das Letras Galegas, Luisa Villalta. Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nuto crearon unha obra pensada para un público adulto. Poderá seguirse o 12 de maio, a partires das 13,00 horas, no entorno da oficina de Correos, no Paseo do Malecón.

O apartado músical deste programa correrá por conta de Xoan Curiel, que ofrecerá o concerto “Cantando as nosas Letras” na Biblioteca pública Florencio Delgado Gurriarán, desde ás 19,00 horas do día 15. Un día despois, o protagonismo pasará aos intérpretes do Conservatorio profesional e a Escola de Música de O Barco, que ofrecerán o seu “Concerto das Letras”. Nesta ocasión, o festival terá como escenario o auditorio barquense do Teatro Lauro Olmo e comezará ás 20,00 horas.

Pechará o calendario de actividades elaborado polo Concello un espectáculo de maxia. O seu inicio foi fixado para as 19,00 horas do día 17. Nese intre, o mago Martín Camiño levará o seu espectáculo “Con V de violín”, que vai dirixido a un público familiar, á Praza Maior barquense.

Te puede interesar