Música e xogos pechan As Noites de Florencio

Dous pobos de Vilamartín de Valdeorras pecharán o programa de As Noites de Florencio. O venres, 26 de agosto e ás 22,30 horas, será o concerto de Sr Jingles, na Aira das Guerras de Córgomo, a aldea natal de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor protagonista do Día das Letras Galegas 2022. Un xogo de pistas para todos os públicos pechará, ás 18,30 horas do día seguinte, en Cernego, as 14 citas culturais dun proxecto no que participaron máis de vinte artistas.

Nas Noites de Florencio tamén houbo poesía, teatro e cine, mais o seu peche non supón o final das actividades proxectadas para este ano, que continuarán o domingo, día 28, cun novo capítulo de “Florencio”, un podcast que produce o valdeorrés Jorge Moral. Como cada mes, o capítulo publicarase de forma simultánea na páxina “asletrasdeflorencio.gal”, nas redes sociais do proxecto e nas plataformas Spotify e Ivoox

Te puede interesar