Letras Galegas 2022

A Primavera das Letras arrancou en Vilamartín de Valdeorras

photo_camera Alumnos del CEIP Manuel Folla Respino, de Vilamartín, interpretan una adaptación del poema "Vente, ventiño do norte", de Florencio Delgado Gurriarán.
A Real Academia Galega presentouna no colexio da terra de Florencio Delgado

A presentación da Primavera das Letras, proxecto que promove a Real Academia Galega (RAG), tivo como público aos alumnos, profesores e pais do colexio Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras, concello natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), protagonista do Día das Letras Galegas. Posta en marcha en 2016, esta iniciativa pretende achegar a figura que cada ano é homenaxeada nesa data aos colexiais de infantil e primaria. A páxina web “primaveradasletras.gal” xa permite aos cativos coñecer a biografía do autor valdeorrés, que escribiu Ledicia Costas e ilustrou Blanca Millán.

Á cita de onte acudieron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e Fina Casalderrey. Eles foron os que guiaron un acto no que tamén interviron o director do colexio, José María González Cubelos; Priscila Núñez, en representación dos pais; a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez Moldes; e o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez Barreiro. Tamén interviron os alumnos do colexio vilamartinés, no que estudan 25 rapaces. Eles aportaron a nota musical, cantando a adaptación musical do poema “Vente, ventiño do norte”, que realizou o mestre de Música, Jaime Díaz Paradelo.

A representación da RAG, no centro, co alcalde, pais, alumnos e mestres. (J.C.)
A representación da RAG, no centro, co alcalde, pais, alumnos e mestres. (J.C.)

Unha plataforma para a xente máis nova

“A Primavera das Letras é unha plataforma dirixida fundamentalmente á xente máis nova, rapaces de infantil e primaria, en colaboración cos mestres, para presentar a figura de Delgado Gurriarán ás novas xeracións dun xeito alegre e dinámico, como é parte da súa poesía”, comentou Freixanes.

Freixanes referiuse ao poeta de Córgomo apuntando que “representa unha época da literatura galega que foi moi difícil, con etapas cheas de ilusión, como a da República, e con etapas de sufrimento como foi o periodo do exilio. Nese aspecto, a figura de Delgado Gurriarán é moi representativa”. Tamén resaltou que é a primeira vez que a RAG viaxa a Valdeorras. Fina Casalderrey insistiu na necesidade de apoiar a lingua, logrando que os alumnos cantasen “eu en galego, a miña lingua guapa”.

Te puede interesar