Rogelio López: “Os comuneiros piden 5 veces máis do actual”

David Vidal, Rogelio López y Manuel Pérez explican las condiciones del contrato de arrendamiento.
photo_camera David Vidal, Rogelio López y Manuel Pérez explican las condiciones del contrato de arrendamiento.

O presidente do grupo Irosa-Samaca agarda, a pesar das condicións impostas, acadar un acordo 

“Non tiñamos inconvinte en poñer un precio superior, pero nos pedían cinco veces o precio que estábamos pagando”, así comezou onte Rogelio López, presidente do grupo Irosa-Samaca, acompañado dos directores de ambas empresas, David Vidal e Manuel Pérez, respectivamente, as explicacións que o grupo quixo dar públicamente, ante o conflicto xerado ó remate do contrato de arrendamento dos terreos da Comunidade de Montes de Portela e Trigal, que desembocou nunha orde de desahucio. As condicións, según explicou, son “4.500 euros por hectárea e ano, con cinco anos de prazo e coa imposibilidade de cesión a terceiros destos contratos”. Pero o problema, según relatou, non está soamente no precio, senón “nas condicións que nos exigían para renovar o contrato” que inclúen “o recoñecemento sobre a propiedade de todos os terreos nos que están construidas as fábricas, tanto das propiedades de Irosa como das de Samaca”. 

O director de Samaca, Manuel Pérez, foi o encargado de expoñer as condicións do contrato. Co documento manuscrito polo abogado Jose Antonio Iglesias en man, explicou que a Comunidade de Montes tamén esixe ó grupo empresarial a condición de “non promover ningún expediente de declaración de utilidade pública nin de expropiación nin agora nin no futuro, establecendo unha indemnización de 500 mil euros en caso de incumprimiento desta cláusula”. 

Sen tempo de reacción

O presidente do grupo insitiu na precipitación dos acontecementos, porque “non esperaron a nosa resposta, nin nos deron tempo a facer a nosa proposta; a min non me poden dicir que non quero falar nin negociar, ós catro días presentaron no juzgado a solicitude de desahucio”. López entende que o que lles piden “non o podemos aceptar, porque se trata de entregar 14 edificios entre naves, fábricas, comedores, oficinas, etc. que temos actualmente”. E insistiu en que, “por maís que agora digan que nós non queremos pagar, que nos piden igual que os demáis, a ninguna empresa lle piden o precio que nos piden a nós nin que entreguen as propiedades contruidas encima do monte e encima das fincas”. 

As empresas enfréntanse agora a unha situación difícil e incerta, “nós temos concedida a expropiación, temos feito o pago dos terreos da acta de pago, temos a acta de ocupación e creíamos que aquí remataba o problema. Pero non é así. Agora vemos que como eles consiguen unha sentencia favorable ao terminar o contrato de arrendamento, a pesar de que nós temos a posesión do 100% dos terrenos; non queren recoñecer nin a propiedade dos terreos nin a validez da expropiación”.

Na comparecencia, os directivos do grupo expuxeron a súa desconfianza no proceso de incorporación de comuneros, “co que buscan a maioría para controlar ó pobo”.

Te puede interesar