'Só catro tontos pagamos as multas'

O axente da Policía Local Alfonso Folla xubílase despois de máis de 34 anos de servicio nas rúas da vila de A Rúa.
Despois de máis de 34 anos de traballar na Policía Local de A Rúa, o vindeiro catro de outubro xubílase Alfonso Folla Arias. Afirma que lle costará acostumarse a súa nova situación.
Cando se incorporou á Policía Local ruesa?
Entrei o primeiro de xullo de 1973. Nós xa fumos ao enterro de Franco, ao Valle de los Caídos. De aquí saíron autobuses e nunca vin tantos xuntos.
Evolucionou moito a vila dende entón?
Non había o tráfico de hoxe, pero as rúas tiñan máis movemento. Entrei coincidindo co apoxeo das obras. Neses anos construironse os encoros de Prada, Valencia e Santoalla. Daquela aínda se empregaban mulas para sacar o escombro na constucción do túnel baixo o río. Veu moita xente de afora a traballar. Agora, so se ve nas rúas de A Rúa a xente de aquí.
No apartado delictivo. Cando houbo máis, naquelas datas ou agora?
Quizais había máis entonces. Dábanse moitos roubos. Eran rateriños que levaban os chourizos, pero era consecuencia da fame. Agora, moitos delitos son consecuencia do consumo de droga. Aquí, a delincuencia segue máis o menos igual.
Agora hai máis coches. Non se traduxo esta circunstancia nun aumento dos problemas de tráfico?
Os emigrantes fóronse de A Rúa entre os anos 1960 e 1965. Ao chegar o 1973 empezaron a ter diñeiro e a envialo á vila, comenzándose a construir moito en A Rúa. Sobre todo, foron chalés. Daquela, os trenes de Renfe traballaban moito, nós tiñamos que atender a estación de ferrocarril. En cada tren montaban máis de cen persoas e producíanse moitos follóns cos coches.
Como se portaron con vostede os seus conveciños?
Non teño queixa dos veciños, nin das corporacións municipais que gobernaron o Concello. Estou moi contento con todos. Traballando de Policía Local, tiven como alcaldes a César Prada, Cosme López, José Vicente Solarat, Emiliano Quiroga, José Antonio Míguez, anque a maior parte do tempo estivo José Vicente Solarat.
Que servicio ou mellora vota en falla en A Rúa?
Estamos tres policías locais, somos moi poucos. Nos meses de verán, cando máis se neceista persoal, quedamos só dous. Ademais, hoxe a educación vial é moi mala. Non se pagan as multas, nin as da Garda Civil de Tráfico. Faría falla unha grúa para poñer o servicio do tráfico como é debido. Agora, tan só as estamos abonando catro tontos.
Como recibe a xubilación. Tiña gañas de retirarse?
Un xa vai cansado. Son moitos anos de traballo, pero se lle acaba collendo cariño. Ao final, botaremos en falla aquela rutina de vir ao Consistorio.

Te puede interesar