O Burato

Preto do castiñeiro do Americano un grupo de nenos atopou un enorme niño de cobras adultas, ás que a veciñanza obrigou a saír do seu burato.
Preto do vello castiñeiro do Americano ata o que ía camiñando a señora Antía, nunha das leiras máis afastadas e dominantes, un garguelo cheo de penedas, por riba do souto que levaba por nome Neboeiro, alá a carón do comunal do pobo, foi onde un asustadizo grupo de nenos atopou en pleno mes de agosto, con toda a calor que un se poida imaxinar, un enorme niño de cobras adultas a todas as cales a veciñanza obrigou a saír do seu buraco e ás que mataron a paus ou acernándoas con machetes segundo ían escapando, e posteriormente foi o propio tío Tango quen llo contou á señora Antía, a propietaria da lucha que había no medio do Rousío, con todo luxo de detalles mentres lle ensinaba todo riseiro, un día do mes de setembro, unha bolsa de plástico transparente toda chea de lucións ou cobras de cristal que el collera deus sabe onde e con que escuros fins, e a boa da muller apertaba os dentes con xestos de noxo, a pesares de que todos os aldeáns sabían que o primeiro que facía o tío Tango ó chegar á súa casa era matalas e logo quitarlles o escorregadizo pel para facer estrañas compotas ou beberaxes curativas e caldos con elas, pois as cociñaba moi ben, e alén diso tamén lle relatara á señora Antía que mataran a una delas, a máis grande, que case medía dous metros e medio de longo, toda ela chea de cores, hai que ver, que logo se lle rizaba o pel do corpo a calquera que pasara por diante e vira aquel burato tan negro e fondo debaixo do castiñeiro do americano.

Te puede interesar